viernes, 7 de abril de 2017

Programación completa das VI Xornadas de Portas Abertas 2017


A VI edición das Xornadas de Portas Abertas celebraráse en Valdeorras do 26 ao 28 de maio. Como nos tres anteriores nos que se leva organizado actividades na zona, haberá rutas gratuitas en autobús para visitar adegas, menús especiais en restaurantes  socios da Ruta e prezos especiais de aloxamento, festa de portas abertas,  entre outras actividades. Esta actividade celebrase baixo o patrocinio de Turismo de Galicia nas 5 rutas das denominacións de orixe de Galicia durante o mes de maio.


Este ano en Valdeorras  a actividade ORGANIZARASE do seguinte xeito:

        Venres de pincha e cata: 26 de maio

Este ano amplíase o programa de actividades á tarde do venres.  2 restaurantes participarán nesta actividade: Mesón Museo (Sobradelo) e O Pillabán (A Rúa) ,  eles serán os que fagan tamén os pinchos para as visitas das adegas. Na noite do venres farase unha cata deses mesmos pinchos e maridados con viños das adegas participantes.

 Cada restaurante fará 3 pinchos para servir con 2 viños de 2 adegas e durante a tarde-noite do 26. Os adegueiros estarán no local e ao principio da actividade farán unha breve presentación dos seus viños e explicarán as características.
Esta actividade terá un custe especial de 5€/persoa
Horario: 20-22 horas
Haberá entradas que se venderán nos dous locais e con elas os asistentes terán dereito a eses 3 pinchos e 2 copas de viño.


   Rutas con autobuses gratuitos : 27 e 28 de maio

RESERVAS EN : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com e chamando ao teléfono:  619086326

Haberá rutas con autobuses gratuitos para visitar adegas o sábado 27 de maio durante todo o día e o domingo pola mañá. Os usuarios poderán visitar 2 adegas en casi todas as rutas marcadas e cunha hora de estancia en cada unha delas na que tomarán unha copa de viño e un pincho de balde. Os visitantes serán recollidos nas paradas marcadas en: Sobradelo (Mesón Museo), O Barco (Praza Concello), O Barco (Pazo do Castro), A Rúa (Casa Pacio do Sil), A Rúa (Praza Concello), Petín(N536).
As 7 adegas que se visitarán este ano, repartidas polos concellos de Rubiá, O Barco, Vilamartín e A Rúa son:
Roandi, Godeval, O Casal, O Cepado, Alán de Val, A Coroa,  Joaquin Rebolledo

PROGRAMA DE VISITAS GRATUITAS NA FIN DE SEMANA

Fora destas rutas con microbuses gratuitos,  as adegas estarán abertas para o público que vaia pola súa conta e ofrecer unha visita cun viño nos seguintes horarios (normalmente coincidirá tamén con algunha visita de minibús):
Sábado: 11:30 horas, 13 h. e 17 horas
Domingo: 12 horas

·         SÁBADO MAÑÁ E TARDE e DOMINGO pola mañá
Empezaranse as visitas o sábado pola mañá con dúas visitas por bus e repetirase a mesma ruta pola tarde. Podendo subir nun bus pola mañá e noutro pola tarde para visitar nun día ata 4 adegas.  Ademais haberá nunha ruta unha visita cultural para coñecer parte da historia da comarca: A Vila do Castro e a Rúa Vella.

  Visitas gratuitas dende Lugo e Ponferrada
O domingo, ademais das rutas internas na comarca,  organizaranse visitas con autobús gratuito dende as cidades de Lugo e Ponferrada. O ano pasado xa se fixo por primeira vez para intentar achegar á cidade veciña do Bierzo a esta actividade e a cidade de Lugo porque ten tradición de tomar viños e non ter Ruta de viños preto.

CADRO DE ACTIVIDADES COS HORARIOS DE AUTOBUSES














 IV Festa Portas Abertas

Actividade: Degustación de pinchos e viños a 1,50 €/ cada degustación. As copas para tomar os viños poranse á venda a 2 €/copa.
Lugar: Paseo do Malecón. O Barco
Hora: 20:00 a 22:00 horas
Colaboración aportando os stands: Concello do Barco
Número postos de venda: 8 postos . Dous de comida Mesón Museo e O Pillabán e 6 adegas: Godeval, Roandi, Alán de Val, A Coroa, O Cepado, O Casal.

Actuación musical: Os Parrandas

 Aloxamentos e menús con prezos especiais durante toda a fin de semana

-Prezos especiais en aloxamento: Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco) e Casa Rural Pacio do Sil (A Rúa) e Hostal Residencia O Pillabán (A Rúa)

-Menú especial Portas Abertas: Restaurante Mesón Museo (Sobradelo) e Restaurante O Pillabán (A Rúa)



No hay comentarios:

Publicar un comentario