Os membros da
nova Xunta Directiva da ruta valdeorresa reuníronse no día de onte, 22 de novembro, no Barco
para escoller os cargos directivos da entidade. Joaquín Sánchez da Adega Alán de Val será o novo presidente e como vicepresidenta foi elexida ,Montserrat Rodríguez, do Hotel Pazo do
Castro. O resto da directiva queda composta tamén polo cargo de secretaria que
ocupará Araceli Fernández da adega Godeval
e o tesoureiro que será: Albán Macía
da Casa Rural Pacio do Sil. Os representantes dos concellos de O Barco, A Rúa e o do Consello Regulador ocuparán os
postos de vogais.
Entre os
obxectivos da nova xunta directiva está a reactivación
da actividade enoturística na comarca de Valdeorras e ampliar o número de
asociados desta entidade. Os primeiros pasos irán enfocados a temas
organizativos internos e tamén se vai solicitar unha reunión co presidente da
Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.
Os membros da nova
xunta directiva foron escollidos nunha Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada
o pasado 3 de novembro. Dous representantes do sector público, dous do sector
adegas e industrias agroalimentarias e outros dous do sector turístico e de
ocio e un do Consello Regulador compoñen esta directiva seguindo as normas da
entidade.
Antecedentes
A Ruta do Viño de
Valdeorras, constituída no ano 2009, renovou a súa xunta directiva en outubro
do 2015. Os cambios na presidencia do Consello Regulador de Valdeorras levaron
a que se tivera que disolver a xunta directiva no mes de marzo deste ano. O presidente da Ruta, José Vicente Solarat, deixou o cargo por non ter máis vinculación
coa asociación que ser o representante do Consello Regulador. O regulamento
marca que para formar parte da directiva da Ruta ten que ser asociado da mesma
e polo tanto non podía seguir no cargo. Polo que se acordou que unha vez pasado
o verán e a vendima se retomaría o tema.
Joaquín Sánchez, novo presidente da Ruta do Viño Valdeorras
No hay comentarios:
Publicar un comentario