lunes, 15 de mayo de 2017

Valdeorras amplía as actividades das Xornadas Portas Abertas coa apertura dun venres dedicado a viños e pinchos

A VI edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, que organiza a Axencia de Turismo de Galicia celebrase na comarca de Valdeorras os días 26, 27 e 28 de maio. 7 adegas, tres aloxamentos e dous restaurantes  pertencentes á Ruta do Viño valdeorresa participan nestas xornadas nas que a base son as visitas gratuítas ás adegas, prezos especiais nos aloxamentos e menús preparados para esta actividade. A todo isto engadíuselle o transporte de balde para poder visitar as adegas durante toda a fin de semana, mantendo nesta edición dous autobuses que sairán de Lugo e Ponferrada na mañá do domingo. Este ano haberá 12 rutas repartidas entre o sábado pola mañá e tarde e o domingo á mañá. No programa tamén se inclúe a IV edición da Festa das Portas Abertas o sábado á noite no Paseo do Malecón do Barco. Onde seis adegas e dous restaurantes ofrecerán viños e pinchos a un prezo especial.

As  novidades

Entre as novidades está que as actividades empezarán o 26 de maio, co “Venres de Pincha e Cata” onde se poderán degustar  viños das sete adegas participantes en dous restaurantes da ruta. Ademais este ano en dúas rutas farase visita a lugares de relevancia histórico-turística no Barco e na Rúa. A vila do Castro visitarase o sábado en dúas ocasións e o domingo os visitantes de Ponferrada coñecerán A Rúa Vella: o seu pasado romano e o Camiño de Inverno.


Reservas

As reservas para transporte e visitas gratuítas ás adegas están abertas enviando un correo electrónico a : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com ou chamando ao 619086326. O mesmo sistema pode utilizarse para reservar no Venres de Pincha e Cata e tamén para os menús especiais e aloxamentos.

Os visitantes tamén  terán a oportunidade de coñecer as adegas desprazándose pola súa conta a calquera delas dentro dos horarios marcados ás 11:30 horas, 13 horas e 17 horas. E o domingo abrirán para visitas por libre ás 12 horas.

O programa completo poden atopalo no blog: somosvaldeorras.blogspot.com

Participantes nas Xornadas de Portas Abertas Valdeorras


 Adegas: Joaquín Rebolledo, A Coroa, Alan de Val, Godeval, Roandi, O Cepado e O Casal

Establecementos hostaleiros: Mesón Museo, Pazo do Castro, Casa Rural Pacio do Sil, Hostal Restaurante O Pillabán.





lunes, 8 de mayo de 2017

Menús especiais completan a oferta das VI Xornadas de Portas Abertas

A oferta de transporte gratuito para visitar sete adegas en Valdeorras completase con menús especiais en dous establecementos, O Pillabán (A Rúa) e Mesón Museo (Sobradelo). Reservade as vosas mesas...


domingo, 7 de mayo de 2017

Oferta de Aloxamento nas VI Xornadas de Portas Abertas







En las VI Xornadas de Portas Abertas teremos tres establecementos hostaleiros con prezos especiais para que poidan gozar dun fin de semana único.