martes, 20 de diciembre de 2016

A Ruta organizou a presentación da Guía de viños, adegas e destilados de Galicia 2017 en Valdeorras


 A Ruta do Viño de Valdeorras organizou onte, día 19, un dos seus primeiros actos na comarca unha vez constituída a nova xunta directiva. Foi a presentación da “Guía de viños, adegas e destilados de Galicia 2017” elaborada polo equipo do sumiller Luís Paadín. O acto fíxose no Hotel Pazo do Castro coa presenza de Luís Paadín, responsable da publicación, acompañado polo  presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, e varios socios da agrupación enoturística.

Durante a presentación o presidente da Ruta do Viño, Joaquín Sánchez, fixo unha semblanza dos máis de 25 anos de traballo de Luís Paadín “sempre divulgando os viños de Galicia. Alí onde vai leva os viños de aquí ”. Indicou que “como ruta do viño e con todos os organismos da comarca temos que implicarnos na promoción da nosa denominación. A maioría somos adegas familiares que nos dan unha diferenciación do traballo que se fai nestas terras cos chans e clima particulares”.
Pola súa parte, Luís Paadín, destacou que este ano a participación das adegas valdeorresas na cata para elaborar a guía foi “arrolladora” acadando en brancos as puntuacións máis altas desta publicación, deixando claro que “a variedade branca de moda no mundo agora é a godello”. En canto ao tema de rutas do viño, puntualizou que o enoturismo ten “un futuro prometedor” e indicou que é preciso un traballo conxunto. Destacou que na comarca hai moito que ensinar con historia dende hai séculos e deberíase poñelo en valor para amosalo aos visitantes. Os visitantes achéganse ás zonas vitícolas e consumen nelas xerando un movemento nese lugar.







Os datos de Valdeorras na  Guía de Viños de Galicia 2017

Nesta nova edición da guía aparecen referenciadas 44 adegas da DO Valdeorras. Entre todas as adegas reúnen 101 viños con medallas, dos cales 15 foron Gran Ouro (92-100 puntos), 59 medallas de Ouro (85 – 91 puntos) e 27 medallas de Prata (80 – 84 puntos).
Esta é a quinta edición desta guía que edita a empresa Servino Consulting. De cada guía saen ao mercado 2.000 exemplares que están financiados a través de mecenas converténdose, tal e como explican dende a organización, na “primeira guía que non leva publicidade e na que adegas e colleteiros non poden ser mecenas para poder conservar a nosa independencia nas puntuacións anuais”.

Nesta edición do 2017 o número de catadores aumentouse a 46 e entre eles houbo directores técnicos das denominacións de orixe galegas ademais de directores das D.O. de Rioja, Bierzo e Toro.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

A Ruta do Viño de Valdeorras conta con nova directiva co adegueiro Joaquín Sánchez como presidente

Os membros da nova Xunta Directiva da ruta valdeorresa reuníronse no día de onte, 22 de novembro,  no Barco para escoller os cargos directivos da entidade. Joaquín Sánchez da Adega Alán de Val será o novo presidente  e como vicepresidenta foi elexida ,Montserrat Rodríguez, do Hotel Pazo do Castro. O resto da directiva queda composta tamén polo cargo de secretaria que ocupará Araceli Fernández da adega Godeval e o tesoureiro que será: Albán Macía da Casa Rural Pacio do Sil. Os representantes dos concellos de O Barco, A Rúa e o do Consello Regulador ocuparán os postos de vogais.
Entre os obxectivos da nova xunta directiva está a reactivación da actividade enoturística na comarca de Valdeorras e ampliar o número de asociados desta entidade. Os primeiros pasos irán enfocados a temas organizativos internos e tamén se vai solicitar unha reunión co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.
Os membros da nova xunta directiva foron escollidos nunha Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado 3 de novembro. Dous representantes do sector público, dous do sector adegas e industrias agroalimentarias e outros dous do sector turístico e de ocio e un do Consello Regulador compoñen esta directiva seguindo as normas da entidade. 


Antecedentes
A Ruta do Viño de Valdeorras, constituída no ano 2009, renovou a súa xunta directiva en outubro do 2015. Os cambios na presidencia do Consello Regulador de Valdeorras levaron a que se tivera que disolver a xunta directiva no mes de marzo deste ano. O  presidente da Ruta, José Vicente Solarat,  deixou o cargo por non ter máis vinculación coa asociación que ser o representante do Consello Regulador. O regulamento marca que para formar parte da directiva da Ruta ten que ser asociado da mesma e polo tanto non podía seguir no cargo. Polo que se acordou que unha vez pasado o verán e a vendima se retomaría o tema.

Joaquín Sánchez, novo presidente da Ruta do Viño Valdeorras



jueves, 26 de mayo de 2016

CAMBIO DE LUGAR da III Festa de Portas Abertas na PRAZA DE ABASTOS do Barco

Debido ás previsións de choiva para o sábado pola tarde temos que cambiar o lugar da III Festa de Portas no Barco. Será na PRAZA DE ABASTOS do Barco. Con viños e pinchos a prezos especiais e a actuación do grupo Los Iñigos.


miércoles, 11 de mayo de 2016

A Ruta 4 permitirá coñecer as adegas O Cepado e O Casal en Rubiá

V edición das Portas Abertas de Valdeorras terá 4 rutas con transporte gratuíto o sábado 28 de maio durante todo o día. Cada ruta permitirá coñecer dúas adegas na que os visitantes coñecerán os adegueiros, cataran un dos viños e tomarán un pincho.  A Ruta 4 do sábado pola tarde levará aos visitantes ás adegas O Cepado e O Casal na localidade de Rubiá. Dúas adegas que están elaborando viños de godello e mencía que están acadando premios.

Os interesados en coñecer estas adegas teñen que reservar a súa praza no autobús gratuíto enviando un email a: valdeorrasesvino@gmail.com ou chamando ao 619086326.




lunes, 9 de mayo de 2016

A Ruta 3 do sábado pola tarde levará aos visitantes ata Roandi e Virxe de Galir

A V edición das Portas Abertas de Valdeorras terá 4 rutas con transporte gratuíto o sábado 28 de maio durante todo o día. Cada ruta permitirá coñecer dúas adegas na que os visitantes coñecerán os adegueiros, cataran un dos viños e tomarán un pincho.  A Ruta 3 do sábado pola tarde levará aos visitantes ás adegas Roandi e Virxe de Galir na localidade barquense de Éntoma. Nas dúas adegas poderán descubrir os viños de Valdeorras tanto tintos como brancos.

Os interesados en coñecer estas adegas teñen que reservar a súa praza no autobús gratuíto enviando un email a: valdeorrasesvino@gmail.com ou chamando ao 619086326.



viernes, 29 de abril de 2016

A Ruta 2 o sábado 28 levará aos visitantes ás adegas Alán de Val e Godeval


A V edición das Portas Abertas de Valdeorras terá 4 rutas con transporte gratuíto o sábado 28 de maio durante todo o día. Cada ruta permitirá coñecer dúas adegas na que os visitantes coñecerán os adegueiros, cataran un dos viños e tomarán un pincho.  A Ruta 2 do sábado pola mañá levará aos visitantes ás adegas Alán de Val (A Rúa) e a Godeval (O Barco).

Os interesados en coñecer estas adegas teñen que reservar a súa praza no autobús gratuíto enviando un email a: valdeorrasesvino@gmail.com ou chamando ao 619086326.






miércoles, 27 de abril de 2016

Ruta 1, sábado 28, visitando Adegas Joaquin Rebolledo e A Coroa



A Ruta 1 do sábado, 28, pola mañá, ofrecerá a oportunidade de visitar e catar viños nas adegas ruesas Joaquín Rebolledo e A Coroa. En cada adega teredes ao redor dunha hora de visita para poder coñecer a súa historia e probar un dos seus viños acompañado dun pincho. Os adegueiros estarán agardando a vosa visita, só tendes que enviar un correo para reservar praza a : valdeorrasesvino@gmail.com





martes, 19 de abril de 2016

Articulo Revista La Alacena Roja sobre las V Xornadas de Portas Abertas Valdeorras

 La revista La Alacena Roja ha publicado en su número de abril un reportaje sobre la quinta edición de las jornadas de puertas abiertas en toda Galicia. Nuestras actividades en Valdeorras aparecen en la segunda página del reportaje.

 Recordad hacer vuestra reserva en los autobuses del sábado para recorridos por las bodegas en la comarca y también en los del domingo si vivís en Lugo o en Ponferrada.

Aquí os dejamos el reportaje:


                   Hemos destacado los párrafos de nuestras actividades...


lunes, 4 de abril de 2016

El folleto con todas las actividades de la V Xornadas de Portas Abertas Valdeorras

Estamos muy agradecidos por la gran respuesta que estamos recibiendo para participar en las actividades de la V Edición de Portas Abertas en Valdeorras

Aqui os dejamos el folleto donde recogemos todas las actividades, rutas y horarios. Recordad que las reservas las tenéis que hacer enviando un correo a: valdeorrasesvino@gmail.com




 

jueves, 31 de marzo de 2016

O programa completo das V Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras

A V edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, que organiza a Axencia de Turismo de Galicia celebrase na comarca de Valdeorras os días 28 e 29 de maio. 8 adegas, dous aloxamentos, dous restaurantes e unha empresa de turismo activo  pertencentes á Ruta do Viño valdeorresa participan nestas xornadas nas que a base son as visitas gratuítas ás adegas, prezos especiais nos aloxamentos e menús preparados para esta actividade. A todo isto engadíuselle o transporte tamén de balde para poder visitar as adegas durante a fin de semana. Este ano haberá 4 minibuses na ruta do sábado e cada un deles visitará dúas das oito  adegas dispoñibles. O domingo, como novidade,  o transporte de balde partirá das cidades de Ponferrada e Lugo para atraer visitantes desas dúas localidades ás adegas e restaurantes participantes.
Por outra parte este ano celebrarase, coa colaboración do Concello do Barco,  a terceira Festa de Portas Abertas, o día 28 pola noite, no paseo do Malecón. A festa contará con venta especial de viño e pinchos  á beira do río Sil e coa actuación do grupo musical valdeorrés: Los Iñigos.
Ademais destas actividades os restaurantes participantes terán un menú especial Portas Abertas e os aloxamentos ofrecen prezos especiais para esa fin de semana. Este ano outra das novidades son as rutas con prezo especial que ofrece unha empresa de turismo activo na zona do Bolo.
As reservas das prazas nos autobuses gratuítos poden facerse chamando ao 619086326 ou enviando un correo a valdeorrasesvino@gmail.com.

AQUI TENDES TODO O PROGRAMA:


·         Transporte gratuíto para visitar as adegas o sábado

A actividade principal, que se prolongará durante toda a fin de semana, será a visita de balde ás 8 adegas da Ruta deste ano. Os adegueiros abrirán as súas portas e ofrecerán pinchos e un viño por persoa sen cobrar nada aos visitantes. Este ano haberá 4 minibuses na ruta do sábado e cada un deles visitará dúas das oito  adegas dispoñibles en horario de mañá e tarde. O domingo o transporte gratuíto partirá das cidades de Ponferrada e Lugo. Unha vez na comarca visitarán adegas e poderán comer os menús especiais de Portas Abertas nos tres restaurantes participantes. Os visitantes tamén  terán a oportunidade de coñecer as adegas desprazándose pola súa conta a calquera delas dentro dos horarios marcados. O sábado as visitas libres serán en horarios: 11:30, 13:00 e 18:30 horas e o domingo ás 12:00 horas.





·         III  Festa portas abertas no Barco o día 28 de maio

O programa deste ano mantén a festa de portas abertas  que se celebrará de 19:30 a 21:30 horas no Paseo do Malecón do Barco. Alí os visitantes poderán degustar os viños das adegas a un prezo especial de 1´5 €/copa  mentres escoitan a música do grupo valdeorrés Los Iñigos e degustan pinchos elaborados polos restaurantes da Ruta, tamén a 1´50 € cada un. Esta festa conta coa colaboración do Concello do Barco para a súa organización igual que nos anos anteriores.


  • Transporte gratuíto dende Lugo e Ponferrada o domingo







·         Participantes nas Xornadas de Portas Abertas Valdeorras

 Adegas: Joaquín Rebolledo, A Coroa, Alan de Val, Godeval, Roandi, Virxe de Galir, O Cepado e O Casal

Establecementos hostaleiros: Mesón Museo, Pazo do Castro, Piquiño , Casa Rural Pacio do Sil

Empresa turismo activo: Celavente Multiaventura


martes, 22 de marzo de 2016

Cartel das V Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras

Xa temos o cartel para promocionar a V edición das Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras. Iremos contándovos toda a programación e horarios nuns días.
 ¡¡Ide reservando as datas¡¡

Ya tenemos el cartel para promocionar la V edición de las Jornadas de Puertas Abiertas en Valdeorras. Os iremos contando toda la programación y horarios en unos días. 
¡¡Reservad las fechas¡¡