viernes, 28 de julio de 2017

A Ruta do Viño participará na Bacofesta da Rúa


Este ano a Ruta do Viño de Valdeorras participará na IV Bacofesta, a Festa romano-gastronómica do noso asociado o Concello da Rúa. As datas desta actividade serán do 11 ao 13 de agosto nas instalacións do Aguillón, á beira do encoro de San Martiño. Nesta festa ofreceremos información dos nosos asociados e tamén poderedes tomar un viño e comer pinchos a prezos especiais.

Este año la Ruta do Viño de Valdeorras participará en la IV Bacofesta, la fiesta romano-gastronómicas de nuestro asociado el Ayuntamiento de A Rúa. Las fechas de esta actividad serán del 11 al 13 de agosto en las instalaciones del Aguillón, a orillas del embalse de San Martiño. En esta fiesta ofreceremos información de nuestros asociados y también podréis tomar un vino y comer pinchos a precios especiales.




jueves, 27 de julio de 2017

Fotos lembrando as actividades das VI Xornadas de Portas Abertas

A Ruta do Viño puxo en marcha hai dous meses por estas datas, unha serie de actividades dentro das VI Xornadas de Portas Abertas: Cata degustación, visitas gratuitas a adegas, transporte gratuito, III Festa de Portas Abertas no Barco... Nelas participaron máis de 300 persoas dende o sábado ao domingo nas rutas de visitas a adegas con bus gratuito, unhas 80 persoas nas catas do venres na Rúa e Sobradelo e unhas 400 persoas na Festa de Portas Abertas o sábado pola noite no Barco.

Aquí deixamos un resume con algunhas fotos dos asistentes a estas actividades na comarca de Valdeorras do 26 ao 28 de maio: