O domingo 28 de maio (dentro dun mes) tamén teremos rutas en autobús gratuito para coñecer as 7 adegas que participan este ano nas VI Xornadas de Portas Abertas de Valdeorras. Neste caso haberá dúas rutas internas con autobuses facendo as paradas dentro da comarca de Valdeorras e outros dous autobuses que traerán visitantes das cidades de Ponferrada e Lugo.
Ide facendo as vosas reservas para poder gozar dunha actividade única...
Reservas de prazas en:
rutadelvinodevaldeorras@gmail.com e no teléfono: 619086326
Comprometidos con dar a conocer los secretos de esta tierra a los viajeros, proporcionándoles una experiencia única e inolvidable, disfrutando del vino, la gastronomía, el paisaje, la cultura, la historia y el ocio activo.
viernes, 28 de abril de 2017
jueves, 27 de abril de 2017
Nun mes estaremos iniciando rutas en bus gratuito por 7 adegas
Os días 27 e 28 de maio organizaránse como en anos anteriores as rutas de autobús gratuito pola comarca de Valdeorras. O prazo para apuntarse xa está aberto enviando un correo a: rutadelvinodevaldeorras@gmail.com e tamén chamando a: 619086326
Xa estamos recibindo reservas para as 12 rutas marcadas nestas VI Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras. Faremos 8 o sábado día 27 e despois o domingo haberá 2 rutas internas en Valdeorras e outras dúas que virán con visitantes de Ponferrada e de Lugo.
Xa estamos recibindo reservas para as 12 rutas marcadas nestas VI Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras. Faremos 8 o sábado día 27 e despois o domingo haberá 2 rutas internas en Valdeorras e outras dúas que virán con visitantes de Ponferrada e de Lugo.
miércoles, 26 de abril de 2017
Venres de pincha e cata abrirá as VI Xornadas de Portas Abertas
Dentro dun mes estaremos comezando as actividades das VI Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras. Nesta ocasión teremos unha actividade no venres que se chama "Venres de pincha e cata". Farase nos dous establecementos hostaleiros que este ano participan con menús de xornadas, Mesón Museo en Sobradelo e Restaurante O Pillabán en A Rúa.
A actividade vai consistir na celebración dunha cata de pinchos maridados con viños das adegas participantes nas xornadas de Portas Abertas deste ano. Cada restaurante fará 3 pinchos para servir con viños das adegas a modo de túnel do viño con degustación. Os adegueiros estarán no local e ao principio da actividade farán unha breve presentación dos seus viños e explicarán as características.
Esta actividade terá un custe especial de 5€/persoa
Horario: 20-22 horas
Haberá entradas que se venderán nos dous locais e con elas os asistentes terán dereito a eses 3 pinchos e 2 copas de viño.
Tamén se pode facer reservas en : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com
A actividade vai consistir na celebración dunha cata de pinchos maridados con viños das adegas participantes nas xornadas de Portas Abertas deste ano. Cada restaurante fará 3 pinchos para servir con viños das adegas a modo de túnel do viño con degustación. Os adegueiros estarán no local e ao principio da actividade farán unha breve presentación dos seus viños e explicarán as características.
Esta actividade terá un custe especial de 5€/persoa
Horario: 20-22 horas
Haberá entradas que se venderán nos dous locais e con elas os asistentes terán dereito a eses 3 pinchos e 2 copas de viño.
Tamén se pode facer reservas en : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com
viernes, 7 de abril de 2017
Programación completa das VI Xornadas de Portas Abertas 2017
A VI edición das Xornadas de Portas Abertas celebraráse en
Valdeorras do 26 ao 28 de maio. Como
nos tres anteriores nos que se leva organizado actividades na zona, haberá
rutas gratuitas en autobús para visitar adegas, menús especiais en restaurantes
socios da Ruta e prezos especiais de
aloxamento, festa de portas abertas, entre outras actividades. Esta actividade
celebrase baixo o patrocinio de Turismo de Galicia nas 5 rutas das denominacións
de orixe de Galicia durante o mes de maio.
Este ano en Valdeorras a actividade ORGANIZARASE do seguinte xeito:
Venres de pincha e cata: 26 de maio
Este ano amplíase o programa de actividades á tarde do
venres. 2 restaurantes participarán nesta actividade: Mesón Museo
(Sobradelo) e O Pillabán (A Rúa) , eles serán os que fagan tamén os pinchos para
as visitas das adegas. Na noite do venres farase unha cata deses
mesmos pinchos e maridados con viños das adegas participantes.
Cada restaurante fará 3 pinchos para servir con 2 viños de 2 adegas e
durante a tarde-noite do 26. Os
adegueiros estarán no local e ao principio da actividade farán unha breve
presentación dos seus viños e explicarán as características.
Esta actividade terá un custe especial de 5€/persoa
Horario:
20-22 horas
Haberá entradas que se venderán nos dous locais e con elas
os asistentes terán dereito a eses 3 pinchos e 2 copas de viño.
Reservas en : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com
Rutas con autobuses gratuitos : 27 e 28 de maio
RESERVAS EN : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com e chamando ao teléfono: 619086326
Haberá rutas con autobuses gratuitos para visitar adegas o
sábado 27 de maio durante todo o día e o domingo pola mañá. Os usuarios poderán
visitar 2 adegas en casi todas as rutas marcadas e cunha hora de estancia en
cada unha delas na que tomarán unha copa de viño e un pincho de balde. Os
visitantes serán recollidos nas paradas marcadas en: Sobradelo (Mesón Museo), O
Barco (Praza Concello), O Barco (Pazo do Castro), A Rúa (Casa Pacio do Sil), A
Rúa (Praza Concello), Petín(N536).
As 7 adegas que se visitarán este ano, repartidas polos
concellos de Rubiá, O Barco, Vilamartín e A Rúa son:
Roandi, Godeval, O
Casal, O Cepado, Alán de Val, A Coroa,
Joaquin Rebolledo
PROGRAMA DE VISITAS GRATUITAS NA FIN DE SEMANA
Fora destas rutas con microbuses gratuitos, as adegas estarán abertas para o público que
vaia pola súa conta e ofrecer unha visita cun viño nos seguintes horarios
(normalmente coincidirá tamén con algunha visita de minibús):
Sábado: 11:30 horas, 13 h. e 17 horas
Domingo: 12 horas
·
SÁBADO
MAÑÁ E TARDE e DOMINGO pola mañá
Empezaranse as visitas o sábado pola mañá con dúas visitas
por bus e repetirase a mesma ruta pola tarde. Podendo subir nun bus
pola mañá e noutro pola tarde para visitar nun día ata 4 adegas. Ademais
haberá nunha ruta unha visita cultural para coñecer parte da historia da
comarca: A Vila do Castro e a Rúa Vella.
Visitas gratuitas dende Lugo e
Ponferrada
O domingo, ademais das rutas internas na comarca, organizaranse visitas con autobús gratuito
dende as cidades de Lugo e Ponferrada. O ano pasado xa se fixo por primeira vez
para intentar achegar á cidade veciña do Bierzo a esta actividade e a cidade de
Lugo porque ten tradición de tomar viños e non ter Ruta de viños preto.
CADRO DE ACTIVIDADES COS HORARIOS DE AUTOBUSES
IV Festa Portas Abertas
Actividade: Degustación de pinchos e
viños a 1,50 €/ cada degustación. As copas para tomar os viños poranse á venda
a 2 €/copa.
Lugar: Paseo do Malecón. O Barco
Hora: 20:00 a 22:00 horas
Colaboración aportando os stands: Concello do Barco
Número postos de venda: 8 postos . Dous de comida Mesón Museo e O Pillabán e 6
adegas: Godeval, Roandi, Alán de Val, A Coroa, O Cepado, O Casal.
Actuación musical: Os Parrandas
Aloxamentos e menús con prezos especiais
durante toda a fin de semana
-Prezos
especiais en aloxamento: Hotel Monumento
Pazo do Castro (O Barco) e Casa
Rural Pacio do Sil (A Rúa) e Hostal
Residencia O Pillabán (A Rúa)
-Menú especial Portas Abertas: Restaurante Mesón Museo (Sobradelo) e Restaurante O Pillabán (A Rúa)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)