miércoles, 26 de abril de 2017

Venres de pincha e cata abrirá as VI Xornadas de Portas Abertas

Dentro dun mes estaremos comezando as actividades das VI Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras. Nesta ocasión teremos unha actividade no venres que se chama "Venres de pincha e cata". Farase nos dous establecementos hostaleiros que este ano participan con menús de xornadas, Mesón Museo en Sobradelo  e Restaurante O Pillabán en A Rúa.
 A actividade vai consistir na celebración dunha cata de pinchos  maridados con viños das adegas participantes nas xornadas de Portas Abertas deste ano. Cada restaurante fará 3 pinchos para servir con viños das adegas a modo de túnel do viño con degustación. Os adegueiros estarán no local e ao principio da actividade farán unha breve presentación dos seus viños e explicarán as características.

Esta actividade terá un custe especial de 5€/persoa
Horario: 20-22 horas
Haberá entradas que se venderán nos dous locais e con elas os asistentes terán dereito a eses 3 pinchos e 2 copas de viño. 

Tamén se pode facer reservas en : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario