jueves, 31 de marzo de 2016

O programa completo das V Xornadas de Portas Abertas en Valdeorras

A V edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, que organiza a Axencia de Turismo de Galicia celebrase na comarca de Valdeorras os días 28 e 29 de maio. 8 adegas, dous aloxamentos, dous restaurantes e unha empresa de turismo activo  pertencentes á Ruta do Viño valdeorresa participan nestas xornadas nas que a base son as visitas gratuítas ás adegas, prezos especiais nos aloxamentos e menús preparados para esta actividade. A todo isto engadíuselle o transporte tamén de balde para poder visitar as adegas durante a fin de semana. Este ano haberá 4 minibuses na ruta do sábado e cada un deles visitará dúas das oito  adegas dispoñibles. O domingo, como novidade,  o transporte de balde partirá das cidades de Ponferrada e Lugo para atraer visitantes desas dúas localidades ás adegas e restaurantes participantes.
Por outra parte este ano celebrarase, coa colaboración do Concello do Barco,  a terceira Festa de Portas Abertas, o día 28 pola noite, no paseo do Malecón. A festa contará con venta especial de viño e pinchos  á beira do río Sil e coa actuación do grupo musical valdeorrés: Los Iñigos.
Ademais destas actividades os restaurantes participantes terán un menú especial Portas Abertas e os aloxamentos ofrecen prezos especiais para esa fin de semana. Este ano outra das novidades son as rutas con prezo especial que ofrece unha empresa de turismo activo na zona do Bolo.
As reservas das prazas nos autobuses gratuítos poden facerse chamando ao 619086326 ou enviando un correo a valdeorrasesvino@gmail.com.

AQUI TENDES TODO O PROGRAMA:


·         Transporte gratuíto para visitar as adegas o sábado

A actividade principal, que se prolongará durante toda a fin de semana, será a visita de balde ás 8 adegas da Ruta deste ano. Os adegueiros abrirán as súas portas e ofrecerán pinchos e un viño por persoa sen cobrar nada aos visitantes. Este ano haberá 4 minibuses na ruta do sábado e cada un deles visitará dúas das oito  adegas dispoñibles en horario de mañá e tarde. O domingo o transporte gratuíto partirá das cidades de Ponferrada e Lugo. Unha vez na comarca visitarán adegas e poderán comer os menús especiais de Portas Abertas nos tres restaurantes participantes. Os visitantes tamén  terán a oportunidade de coñecer as adegas desprazándose pola súa conta a calquera delas dentro dos horarios marcados. O sábado as visitas libres serán en horarios: 11:30, 13:00 e 18:30 horas e o domingo ás 12:00 horas.





·         III  Festa portas abertas no Barco o día 28 de maio

O programa deste ano mantén a festa de portas abertas  que se celebrará de 19:30 a 21:30 horas no Paseo do Malecón do Barco. Alí os visitantes poderán degustar os viños das adegas a un prezo especial de 1´5 €/copa  mentres escoitan a música do grupo valdeorrés Los Iñigos e degustan pinchos elaborados polos restaurantes da Ruta, tamén a 1´50 € cada un. Esta festa conta coa colaboración do Concello do Barco para a súa organización igual que nos anos anteriores.


  • Transporte gratuíto dende Lugo e Ponferrada o domingo







·         Participantes nas Xornadas de Portas Abertas Valdeorras

 Adegas: Joaquín Rebolledo, A Coroa, Alan de Val, Godeval, Roandi, Virxe de Galir, O Cepado e O Casal

Establecementos hostaleiros: Mesón Museo, Pazo do Castro, Piquiño , Casa Rural Pacio do Sil

Empresa turismo activo: Celavente Multiaventura


No hay comentarios:

Publicar un comentario