Esta semana xa se poderán ver nas rúas e comercios do Barco, A Rúa, Vilamartín, Petín, Rubiá, Larouco e Carballeda os primeiros folletos e carteis cos que se anuncian as actividades das VII Xornadas de Portas Abertas de Valdeorras (1,2 e 3 de xuño). Lembramos que están abertas as reservas para as prazas do Bus do Viño, o venres de Pincha e Cata e a Andaina do domingo 3 pola Serra da Lastra.
Este ano hai un número de conta bancaria no que facer os
ingresos para as reservas de:
-Venres de Pincha e Cata (pinchos e viños) no Bar Bravo Lux A Rúa e Hotel Calzada de Vilamartín: 5€/persoa e local
-Bus do Viño sábado e domingo: 5€/ persoa e ruta
-Andaina o domingo pola Serra da Lastra con pinchos e transporte: 10 €/persoa
O número de conta é:
ES18 0081 0507 5600 0123 8833
No hay comentarios:
Publicar un comentario